Lei 1/1983, do 22 febreiro, reguladora da Xunta e do seu Presidente
![]()
|
DOG. núm. 23, do 21-03-1983. |
||||||||||||||||||||||
|
BOE. 05 septiembre de 1983, núm. 212 |
||||||||||||||||||||||
|
Modificada por: |
||||||||||||||||||||||
| ● |
Lei 12/2007, do 27 de xullo, pola que se modifica a Lei 9/1995, do 10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia. [DOG núm 153 de 08-08-2007] |
|||||||||||||||||||||
| ● |
Lei 12/1989 foi derrogada a disposición transitoria terceira, que fora engadida polo artigo 12 da Lei 11/1988. |
|||||||||||||||||||||
| ● |
Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG. núm. 208, do 28-10-1988) |
|||||||||||||||||||||
|
INTRODUCCIÓN |
||||||||||||||||||||||
|
[Ir] |
TÍTULO |
I |
DA XUNTA |
|||||||||||||||||||
| [Ir] |
Capítulo |
I |
Da natureza e composición da Xunta | |||||||||||||||||||
| [Ir] |
Capítulo |
II |
Das atribucions da Xunta |
|||||||||||||||||||
| [Ir] |
Capítulo |
III |
Do funcionamento da Xunta |
|||||||||||||||||||
| [Ir] |
TÍTULO |
II |
DO PRESIDENTE DA XUNTA |
|||||||||||||||||||
| [Ir] |
Capítulo |
I |
Do Estatuto Persoal, elección e cese |
|||||||||||||||||||
| [Ir] |
Capítulo |
II |
Das atibucions |
|||||||||||||||||||
| [Ir] |
TÍTULO |
III |
DOS MIEMBROS DA XUNTA |
|||||||||||||||||||
| [Ir] |
Capítulo |
I |
Do Estatuto Persoal, nomeamento e cese |
|||||||||||||||||||
| [Ir] |
Capítulo |
II |
Das atribucions |
|||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
| [Ir] | TITULO |
IV |
ORGANIZACIÓN E RÉXIMEN XURÍDICO | |||||||||||||||||||
| [Ir] | TITULO |
V |
DAS RELACIÓNS DA XUNTA CO PARLAMENTO | |||||||||||||||||||
| [Ir] | Capítulo |
I |
Do control parlamentario |
|||||||||||||||||||
| [Ir] | Capítulo |
II |
Delegación lexislativa |
|||||||||||||||||||
| [Ir] | DISPOSICIÓNS DERRADEIRA | |||||||||||||||||||||
| [Ir] |
DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS |
|||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
|
Pola Lei 11/1988 foron modificados os artigos 1, 4 (nos seus apartados 10, 14, 15, 16 e 18), 6, 7, 12, 24, 26.1 e 27, e engadido un apartado 7 no artigo 11. Tamén foi modificado o título IV na súa rúbrica, e dentro deste os artigos 36, 37, 38, 39, 40, 41, 42, 43, 44, 45, 46 e 47. Pola mesma lei foi modificada a rúbrica da sección 3.ª do capítulo I do título V, e dentro dela o artigo 48. Así mesmo creouse a sección 4.ª do capítulo I do título V (artigos 49, 50, 51 e 52), e tamén se modificou o capítulo II do título V, que comprende os artigos 53, 54, 55, 56 e 57. Pola Lei 11/1988 engadíronselle a esta lei as disposicións transitorias primeira, segunda e terceira. Pola Lei 12/1989 foi derrogada a disposición transitoria terceira, que fora engadida polo artigo 12 da Lei 11/1988. O Estatuto de Autonomía, nos seus artigos 15 e 16, prevé que o Parlamento de Galicia determine, mediante Lei a regulación do estatuto persoal, atribucións e responsabilidades do Presidente e da Xunta de Galicia. Recolle este mandato o espírito de que a regulación destas institucións básicas teña a prioridade debida e constitúa, en consecuencia, un dos pasos lexislativos inmediatos na construcción da Autonomía galega. O disposto no artigo 9 do Estatuto ó atribuí-lo exercicio dos poderes da Comunidade Autónoma ó Parlamento, á Xunta e ó seu Presidente, quizais aconselle unha Lei do Parlamento que, estimada agora fóra do contexto desta norma de desenrolo dos artigos 15 e 16 do Estatuto, regule con precisión as relacións da Cámara co Goberno e acade a debida complitude institucional da Autonomíade Galicia. Limítase, en consecuencia, esta lei á regulación da organización e establecemento de normas xerais relativas ós órganos executivos superiores de Galicia, cun senso básico, sen prexuício de que unha Lei de Réxime Xurídico da Administración da Comunidade Autónoma Galega recolla en toda a súa integridade as necesarias normas de funcionamento. Polo tanto, en cumprimento dos devanditos preceptos, o Parlamento de Galicia aprobou e eu promulgo, en nome de El-Rei, a Lei reguladora da Xunta e do seu Presidente. |
||||||||||||||||||||||
|
DA XUNTA |
||||||||||||||||||||||
|
Capítulo I |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 1 | ||||||||||||||||||||||
| . | ||||||||||||||||||||||
|
A Xunta é o órgano colexiado que, baixo a dirección do Presidente, dirixe a política xeral e a Administración da Comunidade Autónoma. A tal fin, exerce a iniciativa lexislativa, a función executiva e a potestade regulamentaria de conformidade co Estatuto de Autonomía e as Leis.[Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 2 | ||||||||||||||||||||||
|
A Xunta de Galicia está composta polo Presidente, Vicepresidente ou Vicepresidentes —no seu caso— e os Conselleiros. No suposto de que haxa varios Vicepresidentes, un deles terá a condición de Vicepresidente primeiro coas facultades que esta Lei lle atribúe. Todos eles constitúen conxunta e colexiadamente o Consello, que exercerá, conforme ó establecido nesta lei, as atribucións da Xunta, sen prexuício das competencias das Comisións Delegadas. |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 3 | ||||||||||||||||||||||
| A Xunta de Galicia responde politicamente ante o Parlamento de forma solidaria, sen prexuício da responsabilidade directa de cada un dos seus componentes pola súa xestión. | ||||||||||||||||||||||
|
Capítulo II |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 4 | ||||||||||||||||||||||
|
Corresponde á Xunta: 1.- Establece-las directrices e desenvolve-lo Programa de goberno. 2.- Elabora-los presupostos da Comunidade Autónoma, remitilos ó Parlamento para a súa aprobación. 3.- Aproba-los Proxectos de Lei para a súa remisión ó Parlamento e acordar, no seu caso, a súa retirada. 4.- Dictar Decretos Lexislativos nos supostos de delegación expresa do Parlamento. 5.- Outorgar ou denega-la súa conformidade á tramitación de proposicións de lei que supoñan aumento dos créditos ou mingua dos ingresos presupostarios, nos términos previstos no Regulamento do Parlamento. 6.- Aproba-los regulamentos para o desenrolo e execución das leis de Galicia así como os das leis do Estado, cando a competencia de execución corresponda á Comunidade Autónoma en virtude do Estatuto de Autonomía ou por delegación ou transferencia. 7.- Adoptar, no seu caso, as medidas regulamentarias que requirise a execución dos tratados e convenios internacionais e o cumprimento dos regulamentos e directrices derivadas daqueles, no que afecte a materias atribuídas á competencia da Comunidade Autónoma. 8.- Aprobar e remitir ó Parlamento os proxectos de convenios e acordos de cooperación con outras Comunidades Autónomas para a ratificación ou aprobación, no seu caso. 9.- Acorda-la interposición de recursos de inconstitucionalidade, así como o persoarse nas cuestións de inconstitucionalidade que afecten a Galicia e o plantexamento de conflictos de competencias ante o Tribunal Constitucional. 10.- Deliberar sobre a cuestión de confianza que o Presidente da Xunta propoña formular ó Parlamento, así como sobre a disolución da Cámara, que o Presidente pode decretar, ó abeiro do artigo 24 da presente Lei. [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] 11.- Resolve-los recursos en vía administrativa nos casos previstos polas leis. 12.- Resolver mediante Decreto os conflictos de atribucións que se susciten entre as diversas Consellerías. 13.- Nomear e cesar, a proposta dos Conselleiros respectivos, ós altos cargos da Administración pública galega de rango igual ou superior a Director Xeral, e a aqueloutros que legalmente se establezan. 14.- Crear, modificar e suprimi- las Comisións Delegadas da Xunta. [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 de 28-10-1988)] 15.- Determina-la estructura orgánica superior da Vicepresidencia ou Vicepresidencias e das Consellerías da Xunta de Galicia. [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] 16.-Designa-los representantes da Comunidade Autónoma nos organismos económicos, institucións financeiras e empresas públicas do Estado a que se refire o artigo 55 do Estatuto de Autonomía. |
||||||||||||||||||||||
|
Do mesmo xeito, supervisar, de acordo coa Lei, a xestión dos servicios públicos e dos entes e empresas públicas dependentes da Comunidade Autónoma, e administra-lo patrimonio da mesma con suxección ó disposto na Lei. [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] |
||||||||||||||||||||||
|
17.- Coordina-la actividade das Deputacións Provinciais, en canto afecte directamente ó interés xeral da Comunidade Autónoma, e acorda-las transferencias ou delegación de funcións nas mesmas. Do exercicio destas competencias darase conta ó Parlamento.
|
||||||||||||||||||||||
|
18.-Tomar coñecemento das resolucións do Parlamento e adoptar, se é o caso, as medidas que proceden |
||||||||||||||||||||||
|
19.- Calquera outra atribución que lle veña conferida por algunha disposición legal ou regulamentaria e, en xeral, deliberar sobre aqueles asuntos nos que a súa resolución deba revesti-la forma de Decreto ou que, pola súa importancia e repercusión na vida da Comunidade Autónoma, esixan o coñecemento ou deliberación da Xunta. [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988) |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 5 A Xunta reúnese en Consello, que someterá o seu funcionamento ós principios de unidade, colexialidade, participación e coordinación. Artigo 6 As atribucións da Xunta serán exercidas polo Consello. O Consello designará de entre os seus membros un Secretario que dará fe dos seus acordos e dos das Comisións Delegadas e librará, cando proceda, certificación dos mesmos. [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988) Artigo 7 [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988) 1. O Consello será convocado polo Presidente da Xunta. Á convocatoria xuntaráselle a orde do día, que será conformada polo Secretario de acordo coas instruccións do Presidente. 2. O Consello entenderase validamente constituído cando asista o Presidente, ou quen o substitúa, e, ó menos, a metade dos seus membros. 3. Os membros do Consello están obrigados a gardar segredo sobre as deliberacións daquel, as opinións e, se é o caso, os votos emitidos. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 8 A Xunta poderá crear no seu seo Comisións Delegadas para coordina-la elaboración de directrices e disposicións, programa-la política sectorial, examinar asuntos de interés interdepartamental e prepara-las reunións do Consello. O réxime xeral de funcionamento das Comisións, haberá de axustarse ós criterios establecidos nesta lei para o Consello. En todo caso, o Decreto de creación dunha Comisión Delegada deberá conte-la composición e a Presidencia da mesma e mailas competencias asignadas. Artigo 9 O Consello establecerá as normas internas que se precisen para a boa orde dos traballos e para a adecuada preparación dos acordos que haxan de adoptarse, mediante un Regulamento de Réxime Interior que haberá de axustarse ós términos da presente lei. |
||||||||||||||||||||||
|
DO PRESIDENTE DA XUNTA |
||||||||||||||||||||||
|
Capítulo I Do Estatuto Persoal, elección e cese Sección 1.ª Do Estatuto Persoal |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 10 O Presidente da Xunta ostenta a suprema representación da Comunidade Autónoma e a ordinaria do Estado en Galicia. Dirixe e coordina a acción da Xunta ou Goberno. Artigo 11 O Presidente da Xunta en razón do seu cargo ten dereito a: 1.— A preeminencia que, con arregro á alta representación da Comunidade Autónoma e á ordinaria do Estado en Galicia, lle corresponde. 2.— Que lle sexan rendidos os honores que lle correspondan consoante co que se establece na legalidade vixente e o que acorde a Comunidade Autónoma. 3.— Recibi-lo tratamento de Excelencia. 4.— Utiliza-la bandeira de Galicia como guión. 5.— Ocupa-la residencia oficial que se estableza, coa correspondente dotación de persoal e servicios. 6.— Percibi-la remuneración e gastos de representación que se establezan polo Parlamento de Galicia e figuren nos Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma. 7.- [Engadido por Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988) Recibir con carácter vitalicio o tratamento de excelentísimo señor e os honores protocolarios e as precedencias establecidas na lexislación vixente e na que, se é o caso, dicte a Comunidade Autónoma. [Redación conforme a
Lei 12/2007, do 27 de xullo, pola que se modifica a Lei 9/1995, do
10 de novembro, do Consello Consultivo de Galicia, e a Lei 1/1983, do 22
de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa
Presidencia. (DOG núm
153 do
08-08-2007)]
As ex presidentas e os ex presidentes terán dereito a percibir, durante
dous anos desde a data do seu cesamento, as compensacións económicas que
se establezan por decreto da Xunta de Galicia. |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 12 [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988) | ||||||||||||||||||||||
|
O Presidente da Xunta non poderá exercer ningunha función pública que non se derive do seu cargo, nin actividade mercantil ou profesional ou calquera outra que puidese menoscaba-la independencia e dignidade da súa función. En canto ás funcións representativas propias do mandato parlamentario, haberá que aterse ó disposto no artigo 6 da Lei de Galicia 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ó Parlamento de Galicia. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 13 A responsabilidade política do Presidente da Xunta ante o Parlamento será esixible nos términos establecidos no Estatuto de Autonomía, no Regulamento da Cámará e na presente lei. Artigo 14 Durante o seu mandato e polos actos delictivos cometidos no territorio de Galicia non poderá ser detido nin retido senón no caso de flagrante delito, correspondendo decidir, en todo caso, sobre a súa inculpación, prisión, procesamento e xuício, ó Tribunal Superior de Xusticia de Galicia. Fóra do devandito territorio, a responsabilidade penal será esixible nos mesmos términos perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo. |
||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
|
Da elección e cese |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 15 O Presidente da Xunta será elixido polo Parlamento Galego de entre os seus membros. Artigo 16 Constituído o Parlamento e nos demais supostos en que así proceda, o seu Presidente, previa consulta coas forzas políticas representadas parlamentariamente e oída a Mesa, propoñerá un candidato á Presidencia da Xunta, conforme ó previsto no artigo 136.1.º do Regulamento do Parlamento de Galicia. Artigo 17 O candidato presentará o seu Programa ó Parlamento. Para ser elixido o candidato deberá en primeira votación obter maioría absoluta; de non obtela procederase a unha nova votación 24 horas despois da anterior, e a confianza entenderase outorgada se obtivera maioría simple. Caso de non consegui-la devandita maioría, tramitaranse sucesivas propostas na forma prevista anteriormente. Se transcorresen dous meses a partir da primeira votación de investidura sen que ningún candidato proposto obtivera a confianza do Parlamento, este quedará disolto e procederase á convocatoria de novas eleccións. Artigo 18 Se o Parlamento outorga a súa confianza ó candidato, o Presidente comunicarao a El-Rei para o seu nomeamento, mediante Real Decreto que se publicará no Boletín Oficial do Estado e no Diario Oficial de Galicia. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 19 O Presidente elixido tomará posesión do seu cargo dentro dos cinco días seguintes ó da publicación do seu nomeamento. Artigo 20 O Presidente prestará xuramento na súa toma de posesión coa seguinte fórmula: «Xuro ou prometo ser fiel ó meu mandato como Presidente da Xunta, observar e facer cumpri-la Constitución e o Estatuto de Autonomía e as demais leis de Galicia e do Estado e exercita-las miñas funcións no interés supre-mo e exclusivo de Galicia e de España.» Artigo 21 O Presidente da Xunta cesa trala celebración de eleccións autonómicas, nos casos de perda da confianza parlamentaria, ou por dimisión, falecemento ou incapacidade para o exercicio do cargo. Corresponde ó Parlamento a apreciación da incapacidade do Presidente. Artigo 22 Nos supostos de falecemento e incapacidade do Presidente, será sustituído polos Vicepresidentes se os houber, pola súa orde, e no seu defecto polo Conselleiro que máis tempo leve pertencendo ininterrompidamente á Xunta e, no caso de igualdade, o de máis idade. A mesma orde de sustitución observarase nos casos de ausencia ou enfermidade temporal do Presidente da Xunta, agás designación expresa do mesmo. |
||||||||||||||||||||||
| Asustitución terá que publicarse no Diario Oficial de Galicia. | ||||||||||||||||||||||
|
Artigo 23 Nos demais casos previstos no artigo 20, o Presidente continuará o exercicio das súas funcións ata a toma de posesión do novo Presidente da Xunta. |
||||||||||||||||||||||
|
Capítulo II |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 24 [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988) Ó Presidente da Xunta, como supremo representante da Comunidade Autónoma, compételle representar a esta nas relacións con outras institucións do Estado, subscribi-los convenios e acordos de cooperación con outras Comunidades Autónomas, convocar eleccións ó Parlamento de Galicia trala súa disolución, promulgar en nome de El-Rei as Leis de Galicia, así como, se é o caso, os Decretos lexislativos, e ordena-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia. O Presidente, baixo a súa exclusiva responsabilidade e logo da deliberación do Consello da Xunta, poderá disolve-lo Parlamento mediante Decreto que fixará a data das eleccións. Esta facultade en todo caso non se poderá exercer cando non pasase alomenos un ano desde a última disolución da Cámara. Artigo 25 Como representante ordinario do Estado en Galicia, corresponde ó Presidente da Xunta manter relacións coa Delegación do Goberno, ós efectos dunha mellor coordinación das actividades do Estado en Galicia e as da Comunidade Autónoma, ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento do Presidente do Tribunal Superior de Xusticia, e das Leis e Decretos Lexislativos de Galicia no Boletín Oficial do Estado. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 26 Para a dirección e coordinación das actividades da Xunta correspóndelle: 1.- Crear, modificar ou suprimir mediante Decreto a Vicepresidencia ou Vicepresidencias, se as houber, e as Consellerías, sempre que non supoña aumento de gasto público, así como nomear e dispo-lo cesamento dos Vicepresidentes e dos Conselleiros.[Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988) 2.- Convocar, presidir, suspendere levanta-las reunións do Consello e das Comisións Delegadas, así como dirixi-las súas deliberacións. 3.— Dirixir e coordina-la acción de Goberno e asegura-la súa continuidade. 4.— Velar polo cumprimento das directrices sinaladas pola Xunta e promover e coordina-la execución dos acordos do Consello e das súas Comisións Delegadas. 5.— Asegura-la coordinación entre as distintas Consellerías. 6.— Coordina-lo programa lexislativo da Xunta e a elaboración de normas de carácter xeral. 7.— Encomendar a un Vicepresidente ou a un Conselleiro que se encargue do despacho dunha Consellería ou da propia Presidencia, en caso de ausencia, enfermidade ou impedimento do titular. 8.— Plantexar perante o Parlamento, previa deliberación do Consello, a cuestión de confianza. 9.— Presentar ó Parlamento os proxectos de lei, por si mesmo ou a través do membro da Xunta designado. 10.— Facilitar ó Parlamento a información e documentación que este recabe da Xunta. 11.— Solicitar que o Parlamento se reúna en sesión extraordinaria. 12.— Solicitar que se celebre un debate xeral no Parlamento. 13.— Comunicar ó Parlamento a interposición de recursos de inconstitucionalidade e o plantexamento de conflictos de competencias perante o Tribunal Constitucional, así como o acordo da Xunta de persoarse nos recursos e nas cuestións de inconstitucionalidade que afecten a Galicia. 14.— Exercer cantas facultades e atribucións lle correspondan en consonancia coas disposicións vixentes. |
||||||||||||||||||||||
|
Dos membros da Xunta |
||||||||||||||||||||||
|
Capítulo I |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 27 [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] | ||||||||||||||||||||||
|
1. O Vicepresidente ou Vicepresidentes, se os houber, e os Conselleiros serán nomeados e cesados polo Presidente da Xunta, a teor do disposto no artigo 26, e terán a alta consideración que corresponde á súa condición de membros do Goberno Autónomo e o tratamento de excelentísimo señor. 2. Os ex-Vicepresidentes e mailos ex-Conselleiros manterán o tratamento de excelentísimo señor e recibirán os honores protocolarios que estableza a lexislación vixente e a que dicte a Comunidade Autónoma. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 28 O Vicepresidente ou Vicepresidentes, se os houber, e mailos Conselleiros prestarán xuramento na súa toma de posesión coa mesma fórmula prevista nesta lei para o Presidente da Xunta. Artigo 29 O cese do Presidente da Xunta comporta o de tódolos membros da mesma. A Xunta cesante continuará en funcións ata a toma de posesión da nova Xunta. Artigo 30 Os membros da Xunta percibirán a remuneración e gastos de representación que se establezan polo Parlamento de Galicia e figuren nos Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma. Artigo 31 O Vicepresidente ou Vicepresidentes, se os houber, e mailos Conselleiros, non poderán exerceroutras funcións representativas cás propias do mandato parlamentario ou, no seu caso, do Senado, nin calquera outra función pública que non derive do seu cargo, nin actividade mercantil ou profesional ou outra que menoscabe a independencia e dignidade da súa función. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 32 En canto á inmunidade, estarase ó disposto no artigo 13(15*) para o Presidente. |
||||||||||||||||||||||
|
Capítulo II |
||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 33 O Vicepresidente, ou no seu caso, o Vicepresidente primeiro, amais de sustituír ó Presidente nos supostos previstos nesta Lei, exercerá as funcións que aquel lles delegue dentro do ámbito que lle confiran as disposicións da presente Lei. Asimesmo, poderán designarse no seo da Xunta outros Vicepresidentes encargados de áreas homoxéneas coas funcións que lles sexan asignadas. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 34 Os Conselleiros como xefes das súas Consellerías están investidos das seguintes atribucións: 1.— Ostenta-la representación do Departamento de que son titulares. 2.— Propoñer ó Consello os nomeamentos e ceses dos cargos da súa Consellería que requiran a forma de decreto para a súa designación. 3.— Exerce-la iniciativa, dirección e inspección de tódolos servicios da Consellería e a alta inspección e demais funcións que lles corresponden respecto dos organismos autónomos adscritos á mesma. 4.— Propoñer para a súa aprobación polo Consello a estructuración e organización da súa Consellería. 5.— Propoñer ó Consello os proxectos de lei ou de Decreto relativos ás competencias atribuídas á súa Consellería. 6.— Exerce-la potestade regulamentaria nas materias da súa Consellería. 7.— Resolve-los recursos administrativos promovidos contra as resolucións dos organismos e autoridades da Consellería, agás cando por Lei a devandita facultade se atribúa a outro órgano. 8.— Formula-lo anteproxecto de presupostos da súa Consellería. 9.— Dispoñe-los gastos propios dos servicios da súa Consellería non reservados á competencia do Consello, dentro dos límites da autorización presupostaria e interesar dos servicios financeiros competentes a ordenación dos pagos correspondentes. 10.— Firmar en nome da Xunta os contratos relativos a asuntos propios da súa Consellería. 11.— Resolve-los conflictos de atribucións entre autoridades dependentes da súa Consellería. 12.— E cantas facultades lles atribúan as disposicións en vigor. Artigo 35 Os membros da Xunta poderán designar e cesar libremente o persoal colaborador e de asistencia directa dentro dos créditos presupostarios consignados ó efecto. Este persoal, de carácter eventual, cesará automaticamente ó se produci-lo cese do membro da Xunta que efectuou o seu nomeamento. |
||||||||||||||||||||||
|
Organización e réxime xurídico |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 36 [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] |
||||||||||||||||||||||
|
1. A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, constituída por órganos xerarquicamente ordenados baixo a dirección da Xunta, ten personalidade xurídica única e posúe a capacida- de de obrar necesaria para levar a cabo os seus fins. 2. A actuación da Administración axéitase ós principios de legalidade, obxectividade, servicio ó interese xeral, publicidade, eficacia, xerarquía, economía do gasto público, desconcentración e coordenación entre os seus órganos. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 37 [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] |
||||||||||||||||||||||
|
1. Adoptarán a forma de Decreto: a) As disposicións xerais aprobadas polo Consello da Xunta. b) As resolucións do Consello da Xunta nos supostos dos números 6, 7, 12, 13, 14, 15, 16 primeiro inciso e 18 do artigo 4 da presente Lei e os demais casos que establezan as Leis. c) As resolucións do Presidente da Xunta, nos supostos contemplados no parágrafo segundo do artigo 24 e nos números 1 e 7 do artigo 26 desta Lei. 2. Os Decretos serán asinados polo Presidente da Xunta e referendados, agás no suposto c) do apartado anterior, polo Conselleiro competente en razón da materia |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 38 [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] |
||||||||||||||||||||||
|
As disposicións e resolucións dos Conselleiros revestirán a forma de Ordes, que serán asinadas polo titular do Departamento. Cando interesen a máis de unha Consellería, serán asinadas conxuntamente polos Conselleiros afectados |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 39 | ||||||||||||||||||||||
|
1. Decretos. [Redación conforme a Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] a) As disposicións xerais aprobadas polo Consello da Xunta. b) As resolucións do Consello da Xunta nos supostos dos números 6, 7, 12, 13, 14, 15, 16 primeiro inciso e 18 do artigo 4 da presente Lei e os demais casos que establezan as Leis. c) As resolucións do Presidente da Xunta, nos supostos contemplados no parágrafo segundo do artigo 24 e nos números 1 e 7 do artigo 26 desta Lei. 2. Os Decretos serán asinados polo Presidente da Xunta e referendados, agás no suposto c) do apartado anterior, polo Conselleiro competente en razón da materia |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 40 | ||||||||||||||||||||||
|
As disposicións e resolucións dos Conselleiros revestirán a forma de Ordes, que serán asinadas polo titular do Departamento. Cando interesen a máis de unha Consellería, serán asinadas conxuntamente polos Conselleiros afectados |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 41 1. O Consello poderá delega-las funcións administrativas que teña encomendadas nas Comisións Delegadas. 2. Sen prexuício das competencias delegadas no Vicepresidente primeiro de acordo co disposto no artigo 32(22*) desta lei, o Presidente poderá delegar funcións puramente executivas nos demais membros da Xunta, dando conta ó Parlamento. 3. Os Conselleiros poderán delegar competencias administrativas nos órganos inmediatamente inferiores das súas Consellerías, cando as necesidades de funcionamento así o aconsellen. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 42 1. Adelegación de atribucións a que se refire o artigo anterior e a súa revocación haberán de publicarse no Diario Oficial de Galicia. 2. Non poderán ser obxecto de delegación, a non ser que unha lei o autorice expresamente, as competencias que, á súa vez, foran delegadas, nin a competencia para resolver recursos administrativos interpostos contra actos ou resolucións do órgano delegatario. 3. Os actos dictados por delegación consideraranse como propios do órgano delegante, que en calquera momento poderá revoca-la delegación outorgada. |
||||||||||||||||||||||
|
Das relacións da Xunta co Parlamento Capítulo I |
||||||||||||||||||||||
|
Sección 1.ª Da moción de censura |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 43 |
||||||||||||||||||||||
|
O Presidente da Xunta, previa deliberación do Consello, pode plantexar perante o Parlamento a cuestión de confianza sobre o seu Programa ou sobre unha declaración política xeral. A cuestión de confianza non se poderá votar ata transcorridas 24 horasdesde a súapresentación. A confianza entenderase outorgada cando vote a prol da mesma a maioría simple de Deputados. Se o Parlamento negase a súa confianza ó Presidente da Xunta entenderase cesado e procederase á elección de novo Presidente conforme ó establecido nesta Lei. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 44 |
||||||||||||||||||||||
|
O Parlamento, as súas Comisións e os Deputados a través da Presidencia do mesmo, poderán recaba-la información e axuda que precisen da Xunta, dos seus Conselleiros e de calquera outra autoridade da Comunidade Autónoma. |
||||||||||||||||||||||
|
Sección 2.ª |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 45 |
||||||||||||||||||||||
|
1. O Parlamento pode esixi-la responsabilidade política da Xunta e do seu Presidente mediante a adopción por maioría absoluta da moción de censura. |
||||||||||||||||||||||
|
2. A moción de censura deberá estar firmada,
alomenos, por unha quinta parte dos membros do Parlamento,
e haberá de incluír un candidato á Presidencia da Xunta. |
||||||||||||||||||||||
|
3. A moción de censura non poderá ser votada
ata que transcorran cinco días desde a súa presentación. |
||||||||||||||||||||||
|
4. Se a moción de censura non fose aprobada polo Parlamento, os seus signatarios non poderán presentar outra durante o mesmo período de sesións. |
||||||||||||||||||||||
|
Do impulso e control da acción política do Goberno |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 46 | ||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
|
Se prosperase a moción de censura, a Xunta e o seu Presidente cesarán e o candidato incluído nela entenderase investido da confianza do Parlamento, procedéndose a continuación á súa designación como Presidente da Xunta, segundo o disposto no artigo 17 desta lei. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 47 |
||||||||||||||||||||||
|
O Presidente da Xunta, previa deliberación
do Consello, pode plantexar perante o Parlamento a cuestión de confianza
sobre o seu Programa ou sobre unha declaración política xeral. A
cuestión de confianza non se poderá votar ata transcorridas 24 horas
desde a súa presentación. A confianza entenderase outorgada cando vote a
prol da mesma a maioría simple de Deputados. |
||||||||||||||||||||||
|
Se o Parlamento negase a súa confianza ó Presidente da Xunta entenderase cesado e procederase á elección de novo Presidente conforme ó establecido nesta Lei. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 48 A Xunta solicitará anualmente do Parlamento, ó comenzo dun dos períodos ordinarios de sesións, a celebración dun debate de política xeral. |
||||||||||||||||||||||
|
Doutras formas de control |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 49 |
||||||||||||||||||||||
|
O Parlamento, as súas Comisións e os Deputados a través da Presidencia do mesmo, poderán recaba-la información e axuda que precisen da Xunta, dos seus Conselleiros e de calquera outra autoridade da Comunidade Autónoma. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 50 O Parlamento mailas súas Comisións poden reclama-la presencia dos Conselleiros e dosoutros altos cargos da Comunidade Autónoma. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 51 |
||||||||||||||||||||||
|
Os Conselleiros teñen acceso ás sesións do Parlamento e das súas Comisións e a facultade de se facer oír nelas. Ante as Comisións poderán facerse acompañar de altos cargos ou funcionarios das súas Consellerías e solicitar que estes informen. |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 52 | ||||||||||||||||||||||
|
1. A Xunta e cada un dos seus membros
están sometidos ás mocións, interpelacións e preguntas que se lles
formulen no Parlamento. |
||||||||||||||||||||||
|
Artigo 53 |
||||||||||||||||||||||
|
1. O Parlamento poderá delegar na Xunta a
potestade de dictar nor-mas con rango de lei que recibirán o título de
Decretos lexislativos. |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 54 | ||||||||||||||||||||||
|
A delegación lexislativa haberá de
outorgarse á Xunta en forma expresa para materia concreta e con fixación
do prazo para o seu exercicio sen que se poida entender concedida de
forma implícita nin por tempo indeterminado. |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 55 | ||||||||||||||||||||||
|
1. As leis de bases delimitarán con
precisión o obxecto e alcance da delegación lexislativa e os principios
e criterios que se han de seguir no seu exercicio. En ningún caso
poderán autorizar á Xunta para modifica-la propia lei de bases nin para
dictar normas con carácter retroactivo. |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 56 | ||||||||||||||||||||||
|
O control sobre os Decretos Lexislativos levarase a cabo nos términos previstos no Regulamento do Parlamento de Galicia, sen prexuício do cal as leis de delegación poderán establecer en cada caso fórmulas adicionais de control parlamentario. |
||||||||||||||||||||||
| Artigo 57 | ||||||||||||||||||||||
|
1. Cando unha proposición de lei ou unha enmenda sexa contraria a unha delegación lexislativa en vigor, a Xunta está facultada para se opoñer á súa tramitación. Neste caso poderá presentar unha proposición de lei para a derogación parcial ou total da lei de delegación. 2. A delegación entenderase esgotada coa publicación pola Xunta da norma correspondente. |
||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
| Disposición derradeira primeira | ||||||||||||||||||||||
|
Facúltase á Xunta para dicta-los seus propios Regulamentos internos conforme ó establecido nesta lei. |
||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
|
A presente lei entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1983 |
||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
|
Disposción transitoria primeira [Engadida por Lei 11/1988, do 20 de outubro, de reforma da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. (DOG núm 208 do 28-10-1988)] |
||||||||||||||||||||||
|
O disposto no número 7 do artigo 11 da presente Lei será aplicable para tódolos efectos desde a celebración das primeiras eleccións autonómicas galegas. Os tratamentos honoríficos establecidos nese precepto serán tamén extensibles ós ex-Presidentes da Preautonomía. |
||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
|
En tanto a Xunta non regule por Decreto o establecido no parágrafo segundo do número 7 do artigo 11 da presente Lei, a compensación económica establecida será equivalente ó 60 por cento da que lle corresponda ó Presidente da Xunta. Tal compensación será compatible con aqueloutras retribucións que os ex-Presidentes poidan percibir, por outros conceptos, con cargo ós Presupostos Xerais da Comunidade Autónoma. En ningún caso, a contía global pode chegar a ser superior á retribución total que en cada caso perciba o Presidente da Xunta de Galicia. |
||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||
|
Gerardo Fernández Albor Presidente |
||||||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||||||